26/4/24

Presentación de "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar: 9 de maio 2024

Presentación de "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar: 9 de maio 2024
Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 9 de maio ás 19:00 h.


No libro "María Wonenburger, la atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda" nárrase a biografía da matemática María Wonenburger, unha muller nacida en Oleiros que desde nena quería estudar matemáticas, para o cal tivo que superar moitos obstáculos. Realizou unha brillante carreira no estranxeiro que a converteu nun referente internacional da álxebra. Veu truncadas as súas investigacións ao ter que volver á casa, cando aínda tiña moito que aportar. Os recoñecementos, como tantas veces, chegaron moi tarde.
María José Souto Salorio é catedrática de Escola Universitaria da área de Álxebra na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación nese ámbito do coñecemento. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.
Ana Dorotea Tarrío Tobar é catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña. Realiza a súa investigación no campo da xeometría diferencial. Ademais realiza actividades de divulgación científica a través de obradoiros, conferencias ou publicacións.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

Recomendacións en Radioleiros: 26 abril 2024

Recomendacións en Radioleiros: 26 abril 2024
- Xuvenil:
"Estrelas galegas da ciencia: unha historia de persoeiros e de achados asombrosos" de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Burés; ilustracións de Clara Cerviño"Estrelas galegas da ciencia: unha historia de persoeiros e de achados asombrosos" de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Burés; ilustracións de Clara Cerviño. En Hércules.
Unha historia de persoeiros e achados asombrosos que recolle a historia da ciencia en Galicia, así como tamén as figuras destas-es investigadoras-es nun periodo que vai do século XVII ata o XX. Froito do seu traballo agora pódese vivir nun mundo mellor no que se atopan respostas a moitas cuestións científicas.

"El abismo del olvido" de Paco Roca e Rodrigo Terrasa- Mocidade e persoas adultas:
"El abismo del olvido" de Paco Roca e Rodrigo Terrasa. Editado por Astiberri.
Durante trescentas páxinas o autor narra de forma gráfica a historia real da loita de Pepica Celda para recuperar os restos do seu pai, José Celda, fusilado un ano despois de rematada a guerra civil no Terrer, un campo de tiro próximo á tapia do cemiterio de Paterna, en Valencia, onde foi enterrado nunha fosa común, xunto a outras 143 vítimas da represión franquista. Unha historia de honestidade que reflicte a de moitas outras vítimas e familiares que buscan pechar un episodio terrible de nosa propia historia dando sepultura aos seus seres queridos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/4/24

Hora do conto: 2 de maio de 2024

Hora do conto: 2 de maio de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Xoves 2 de maio, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos  Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Son animal”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Actividades de promoción da lectura: de 29 de abril a 2 de maio 2024

Actividades de promoción da lectura: 29 e 30 de abril 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 29 de abril a 2 de maio:

Luns 29 de abril:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Martes 30 de abril:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Xoves 2 de maio:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.

23/4/24

En Abril, libros mil: Día Internacional do Libro

Continuamos de celebración! O martes 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. Nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organízase unha ampla programación de actividades:

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Hora do Conto:
- 25 de abril ás 18:30 h. Contancontos con Trinketrinke Teatro: "Queremos a paz!"
Expo As 30 últimas obras galardonadas co Premio Nacional de Narrativa do Ministerio de Cultura (1993-2023) na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
. Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Mostra bibliográfica: 30 Premios Nacionais de Narrativa

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 24 de abril: Miguel Cuba, ilustrador: "Viaxe en viñetas". Para alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores de Oleiros e do IES Neira Vilas de Perillo.
- 22, 23, 29 e 30 de abril: Miguel Cuba, ilustrador: "Superheroes: a nova mitoloxía". Para alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Miraflores de Oleiros.
- 25 e 26 de abril: Miguel Cuba, ilustrador: "A metáfora visual". Para alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores de Oleiros.

Clubs de Lectura e Tertulias literarias:
Continúase con esta actividade para mocidade e público adulto, os mércores, ás 17:30 h.
- Grupo B: 24 de abril, comentario da obra "Árbol del olvido" de Nancy Huston.


Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)

Hora do Conto:
- 24 de abril ás 18:30 h. Paco Nogueiras: "C@onto contigo". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

Actividades dirixidas a alumnado dos Centros de Ensino:
- 24 de abril. Trémola Teatro. "8(M)uller". Para alumnado de 1º da ESO do IES María Casares de Bastiagueiro.
- 25 de abril. Óscar Villán, ilustrador. Charla "Aproximación á ilustración". Para alumnado de 5º e 6º de Ensinanza Primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.

Exposición "Unha taciña literaria para a túa cita literaria":
Exposición "Unha taciña literaria para a túa cita literaria"
Selección de libros escritos por autoras e autores que aportaron frases célebres sobre libros, a lectura, a escritura e as bibliotecas. Cada libro está decorado cunha taciña que contén unha frase célebre da súa escritora ou escritor.


Clubs de Lectura e Tertulias literarias:
Continúase con esta actividade para mocidade e público adulto, os martes, ás 17:30 
- Grupo A: 23 de abril, comentario da obra "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" (Oleiros)

Hora do Conto:
- 23 de abril ás 18:30 h. Paco Nogueiras: "Extra!". Para nenas e nenos maiores de 5 anos.

"E ti... que les?" na Biblioteca "Manuel María" (Oleiros)
"E ti... que les?" 
Envíanos ou crea unha nota de recomendación sobre a lectura que tanto che gustou para artellar un espazo lector diverso e enriquecedor.

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" (Mera)

Clubs de Lectura e Tertulias literarias:
Continúase con esta actividade para mocidade e público adulto, os luns, ás 19:00 h.
- Grupo B: 22 de abril, comentario da obra "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre.

Mostra bibliografica: 23 imprescindibles
Mostra bibliografica: 23 imprescindibles na Biblioteca "Mª José Trincado" (Mera)
23 obras mestras da literatura como Una habitación propia de Virginia Woolf, Nada de Carmen Laforet, La tribuna de Emilia Pardo Bazán, Seda de Alessandro Baricco, etc.


Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda)

Hora do Conto:
- 22 de abril ás 18:30 h. Trémola Teatro: "Leo e os números". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Mostra bibliográfica: Historias para amantes das Artes na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
Mostra bibliográfica: Historias para amantes das Artes
Novelas inspiradas en obras de arte e vidas de artistas.

"Imperdibles"
Espazo dispoñible para enchelo con aquelas obras literarias que entusiasman, de lector/a a lector/a.


Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós)

Hora do Conto:
- 26 de abril ás 18:30 h. Ramiro Neira: "O cazador de contos". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Mostra "Un xardín de libros" na Biblioteca "Ánxel Fole" (Nós)
Mostra "Un xardín de libros"
Coma os xardíns na primaveira, flores, árbores e plantas decorarán libros para todas as idades.

Coñece o Día do Libro a través dos cartaces informativos e desfruta dos pasatempos relacionados con esta relevante data.

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)

Hora do Conto:
- 25 de abril ás 18:30 h. Charo Pita: "Tatarantantarantiña". Para nenas e nenos de 2 a 4 anos.

Mostra bibliográfica "De Cervantes a Shakespeare" na Biblioteca "Xograr Mendiño" (Lorbé)
Mostra bibliográfica de obras de Cervantes a Shakespeare
"Recoméndame". Contribúe ao mural literario con suxestións para outras usuarias e usuarios.

Coa realización de todas estas actividades pretendemos promover a lectura e o fomento da utilización dos libros, dar a coñecer as bibliotecas municipais e potenciar a asistencia a elas  non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 24 abril 2024 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "Árbol del olvido" de Nancy Huston.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Materia" de Yolanda Castaño.

22/4/24

Os máis prestados do 2023: libros para a mocidade e persoas adultas

Pulsa na imaxe e coñece os títulos favoritos en cada categoría.



Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros agradecemos a vosa fidelidade.
Moitas grazas por facer biblioteca!

Tertulia literaria en Santa Cruz: mércores 23 abril 2024 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.

21/4/24

Tertulia literaria en Mera: luns 22 abril 2024 (Grupo B)

Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.

Comentario de "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El día antes de la felicidad" de Erri de Luca.

19/4/24

Hora do conto: 22 a 26 de abril de 2024

Hora do conto: 22 a 26 de abril de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Luns 22 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Leo e os números”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Martes 23 de abril, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Extra!”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras


Mércores 24 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “C@nto contigo”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Xoves 25 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Tatarantantarantiña”
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 25 de abril, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Queremos a paz!”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Venres 26 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “O cazador de contos”
CONTACONTOS: Ramiro Neira
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 19 abril 2024

- Infantil (ata 5 anos de idade):

O elefante que perdeu o seu ollo
, de Boniface Ofogo. Ilustrado por Marc Taeger
Kalandraka

Unha adaptación dun conto tradicional africano que o escritor camerunés recupera para achegarnos esta bonita historia cargada de mensaxe.
Cada día, un elefante africano xogaba a quitarse un ollo e a lanzalo como se fose unha pelota. Pero nunha destas, chutouno tan alto que o ollo caeu no río. Desesperado, o elefante pediu axuda, primeiro, aos animais que vivían no río e despois aos do bosque e a sabana. Ninguén vira o seu ollo. Ante a desesperación do elefante, unha nena que o vira todo, achegouse ao animal e bisboulle as palabras máis sabias que se lle poden dicir a calquera que estea atravesando por un problema.

- Mocidade e público adulto:


Denuncia inmediata, de Jeffrey Eugenides
Anagrama

Versión dixital en eBiblio

Trátase dunha recopilación de 10 relatos que Eugenides foi escribindo ao longo de tres décadas. Os que abren e pechan o libro son os últimos que escribiu. A pesar da distancia no tempo entre os distintos relatos, pódense observar temas moi definidos. O choque cultural entre oriente e occidente, a falacia do soño americano, a crise ou o fracaso e a mediocridade sobrevoan todos os relatos. E sobre todo, a TENTACIÓN, con maiúsculas. Todos os protagonistas sofren o prurito da tentación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 22 a 26 de abril 2024

Actividades de promoción da lectura: 22 a 26 de abril 2024
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 22 a 26 de abril:

Luns 22 de abril:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Martes 23 de abril:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Mércores 24 de abril:
- 11:30 alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Xoves 25 de abril:
- 10:25 e 11:45 alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.
Venres 26 de abril:
- 10:25 e 11:45 alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.

Xoves 25 de abril:
- 10:00 alumnado de 5º e 12:00 alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.

Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024

O cardiólogo Enrique Iglesias Río en Rialeda. Venres 19 de abril de 2024Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024Charla de divulgación científica dirixida á
poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 19 de abril
Hora: 18:30 h.

O corazón: función, patoloxías e coidados
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

17/4/24

18 de abril: "Ao faro". Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado

"Paisaxe e faro, unha fascinación artística"

Xoves 18 de abril, ás 11 h.

Saída desde a Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" de Mera.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:
Na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511.


Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.

Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.

Leranse fragmentos e poemas de:

Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova  (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Miguel Hernández (Escribí en el arenal)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)

Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: Si te vuelves invierno, Mientras hilan las mariposas, La aldea, Verde en el tejado, El intermedio que somos e o conto infantil Cuéntame un cuento, yo te lo pinto.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!

16/4/24

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 17 abril 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.

Comentario de "Materia" de Yolanda Castaño.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "De bestias y aves" de Pilar Adón.