2/7/09

En clave de comedia (exposición dvd cine)

No 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Presentamos unha selección de películas cun denominador común, o humor e o entretemento. Directores como Billy Wilder, Luis G. Berlanga, Woody Allen e títulos como "El apartamento", "La vaquilla", "Misterioso asesinato en Manhattan" ou máis recentes como "Mi gran boda griega", "Ella me odia" ou "Es más fácil para un camello" á vosa disposición simplemente presentando o voso carné de socio/a. Préstamo: 7 días.

30/6/09

A lúa e fraga

A Biblioteca Central Rialeda repartíu entre o alumnado de educación infantil a publicación titulada “A lúa e a fraga”, conto inspirado na obra de Michael Grejniec "A que sabe a lúa?", publicada pola editorial Kalandraka. "A lúa e a fraga" está realizada polo alumnado e profesorado da Galescola As Galeras e contén un conto cunhas fermosas ilustracións nas que participaron todos os nenos e nenas desta escola infantil.
Os obxectivos que se pretenden conseguir coa realización desta actividade convocada polas Bibliotecas Municipais de Oleiros é que as nenas e nenos vivan a lectura e a escritura en común, así como fomentar a imaxinación e a creatividade desde as primeiras idades.
PODES VER OS ORIXINAIS NA SALA INFANTIL DA BIBLIOTECA RIALEDA!!!