26/2/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 26 de febreiro:
- Infantil (nenos-as menores de 8 anos):
“Manuela color canela” está escrito por Elena Dreser, ilustrado por Marisol Fernández e publicado por Fondo de Cultura Económica.
"É a historia de Manuela, que quería tomar o sol, porque lle gustaba verse cor caramelo, cor cacao, cor canela; pero a nube cor sal, cor sacarina sempre se pon no medio e quítalle o sol, polo que Manuela terá que convencela para que se aparte.
A nube está disgustada porque sempre ten cor nata, cor néboa, cor nevado, en cambio Manuela ten cor espiga, cor esponxa, pero dille que non se queixe que cando recorde que é auga logo terá cor faisán, cor fror ou cor frambosa.
É un conto sinxelo, no que alterna nunha páxina o texto e na seguinte unhas ilustracións moi coloridas e fermosas, con gran atractivo para os máis pequenos. Ademais de lelo tamén nos permite xogar cos nenos e nenas a que cor teñen as distintas cousas que observamos".


- Mozos-as e adultos-as:
"Rosalía de Castro: antoloxía"
, introdución e selección de textos de Anxo Angueira, limiar de Xosé Luis Méndez Ferrín en Xerais.
Como di Xosé Luis Méndez Ferrín esta obra recolle "todas as Rosalías poéticas posíbeis nunha soa entrega".
Atendendo a criterios temáticos, Anxo Angueira dividiuna en sete unidades:
Terras de Rosalía, con poemas centrados na paisaxe.
Santos, campás e pecados, remiten ao feito relixioso.
Festas e fames, no que trata sobre o compromiso social cos máis desfavorecidos.
Elexías.
Sombras e soidades, coa voz poética rosaliana máis intimista.
Verba de muller, sobre a situación da muller.
Pola dignidade nacional, denuncia a situación social de miseria e emigración de Galicia.
Os poemas van acompañados de reproduccións de obras pictóricas de pintores da época de Rosalía de Castro.
O libro acompáñase dun CD que contén 14 poemas recitados por Anxo Angueira.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/2/10

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 26 de febreiro

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 26 de febreiro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "El príncipe de los enredos", "El contador de cuentos", "El pequeño tigre rugidor"

LER PARA SABER: 26 de febreiro

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)Hora: 18,30
Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"O corazón": Martín Fernández-Obanza Durán, alumno do Colexio Público Valle-Inclán realizará unha introdución á charla de divulgación científica "Funcionamento do corazón e prevención de enfermidades cardiovasculares" a cargo do médico Emiliano Fernández-Obanza Winscheid
Seleccionamos para ti
libros para esta charla científica.

24/2/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 25 de febreiro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 25 de febreiro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos o rato Camifuco contará: “Historias de ratiños: O baño, Nubes, Rato vello, A viaxe”. Para os nenos-as maiores de 6 anos Fran Insua contará: "Un pesadelo no meu armario”, “A verdeira historia dos tres porquiños”, “Os narices do rei”

23/2/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 24 de febreiro

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 24 de febreiro ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "A merenda do señor verde", "Boca de lobo", "Había unha vez unha casa"

Tertulia Literaria en Rialeda: 24 febreiro 2010 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Sesión adicada ao estilo narrativo, a propósito da lectura da obra "Los Buddenbrook" de Thomas Mann

Obras de Thomas Mann no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

22/2/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé: martes 23 de febreiro

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 23 de febreiro ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán "Cambios", "A verdadeira historia dos tres porquiños", "Non todas as vacas son iguais".
Tamén o martes 23 ás 18:30 poderás escoitar a Inés Cuadrado na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé os seus contos a partir do libro "Así comezou todo, 34 historias para descubrir a orixe do mundo"