3/12/10

Recomendacións en Radioleiros

Icono Recomendacións en Radioleiros Títulos recomendados o venres 3 de decembro:
-Infantil (nenos-as menores de 6 anos): Cuberta do libro A roupa
“A roupa” de Pepe Carreiro, en A Nosa Terra.
Libro práctico para nenos-as pensado para que aprendan o nome das pezas de roupa. Editado en tapa dura e apto para un uso intensivo pola súa consistencia e pouca paxinación. Pertencente a unha serie con catro títulos.

- Mozos-as e adultos-as:
Cuberta do libro Luciérnagas
“Luciérnagas” de Ana María Matute, editado por Destino.
A recente premio Cervantes, Ana María Matute, é un dos principais activos da literatura contemporánea española. Escrita no ano 1955, Luicérnagas narra a vivencia dun grupo de rapaces durante a Guerra Civil en Barcelona, nun tempo crítico tanto a nivel práctico como existencial e afectivo.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/12/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 3 de decembro

icono Hora do contoOla: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 3 de decembro ás 18:30 para escoitar a Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto con Aló, cando aquí había osos...: "Riciños de ouro e os tres osos", "O globo azul"

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 2 de decembro

icono da Hora do contoOla: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 2 de decembro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke contará: O teléfono da diferencia: “Xigante pouco a pouco", "Os de arriba e os de abaixo" . Para os-as maiores de 6 anos, SESIÓN ESPECIAL a cargo do Teatro dos Ghazafelhos con: "O país dos mandóns": contos pola igualdade.

1/12/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Rosalía de Castro" de Santa Cruz " e "Xograr Mendiño" de Lorbé: mércores 1 de decembro

icono da hora do contoOla: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 1 de decembro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto con "Kisha" e "O castelo". Tamén o mércores 1 na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé poderás escoitar a Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke con Aló, cando aquí había osos...: "Riciños de ouro e os tres osos" e "O globo azul"

30/11/10

Tertulia literaria en Rialeda: 1 decembro 2010 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse parte da obra "Monte Louro" (ata páx. 337) de Luis Rei Núñez.
Nota: debido á súa longa extensión, o comentario xeneral do libro terá lugar na seguinte sesión.
Breve autobiografía de Luis Rei Núñez.
Obras de Luis Rei Núñez nas nosas bibliotecas.

29/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros: martes 30 de novembro

icono da hora do conto
Ola: espérote na Biblioteca Manuel María de Oleiros o martes 30 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "O coello e o loro", "O elefante e a tartaruga".

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 26 de novembro: -Infantil (nenos-as maiores de 10 anos):
"¡Qué amiga tan deliciosa!" de Franziska Gehm, en Edelvives.
"Daka e Silvania son dúas adolescentes medio vampiras, que intentan pasar desapercibidas no medio da xente corrente, pero non é tan doado!"
-Mozos-as e adultos-as:
"Marcas de nacimiento" de Nancy Huston, editado por Salamandra.
"Historia dunha familia que agocha un segredo".
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Exposición bibliográfica na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Ana María Matute, Premio Cervantes 2010

foto da escritora Ana María Matute

Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé adicámoslle unha exposición bibliográfica á escritora Ana María Matute co gallo da concesión do Premio Cervantes 2010.

Estas son as obras que poderás contemplar na biblioteca e levar a casa en préstamo se queres gozar coa súa lectura:

- Pequeño teatro. Madrid: Bibliotex, 2001. (N MAT peq)

- Los hijos muertos. Barcelona: Destino, 2004 (N MAT hij)

- Olvidado rey Gurú.Madrid: Espasa, 1998 (N MAT olv)

- El árbol de oro y otros relatos. Madrid: Bruño, 2001 (X2 MAT arb)

- El verdadero final de la bella durmiente. Barcelona: Lumen, 1995 (X MAT ver)

- El polizón del Ulises. Barcelona: Lumen, 1987 (I2 MAT pol)

- Paulina. Barcelona: Lumen, 1988 (I2 MAT pau)

MOITAS FELICIDADES, ANA MARÍA MATUTE!!!


Un Cervantes de Honor: Ana María Matute

A terceira muller que ingresou na Real Academia Española é tamén a terceira muller, en recibir a distinción máis importante das letras hispanas despois de Dulce María Loynaz e María Zambrano, sendo a primeira muller novelista.

Podes visitar a Exposición Bibliográfica na Biblioteca de Santa Cruz.

Obras dispoñibles:

- Ana María Matute, biografía de Alicia Redondo Goicoechea
- Olvidado rey Gudú
- Algunos muchachos y otros cuentos
- Pequeño teatro
- El polizón del Ulises
- Aranmanoth
- Luciérnagas
- Los soldados lloran de noche
- Los niños tontos
- La torre vigía
- Primera memoria
- Paulina
- El verdadero final de la bella durmiente
- La oveja negra