29/4/11

Recomendacións en Radioleiros: 29 de abril

logo recomendacións en radioleirosTítulos recomendados o venres 29 de abril:
- Infantil (de 10 a 12 anos):cuberta libro Dióxenes
"Dióxenes", texto de Pablo Albo e ilustracións de Pablo Auladell. En Kalandraka.
Dióxenes recolle cousas e lévaas para casa. O que ocorre é que toda a súa familia fai o mesmo e viven nunha casa ateigada de obxectos...
- Mozos/as e adultos/as:
"El río de la luz: un viaje por Alaska y Canadá" de Javier Reverte, editado por Plaza&Janés.
Despois das súas experiencias en África, Europa e Latinoamérica, Javier Reverte viacuberta El río de la luz: un viaje por Alaska y Canadáxa a Alaska e Canadá, contándonos esta estancia nun libro extenso pero ameno con moito contido humano. Interesante como distracción e tamén para os/as desexosos/as de coñecer novos lugares.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/4/11

Ler para saber A CIENCIA: 29 de abril

logo ler para saberEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 29 de abril ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Sofía Fachal Argüelles e Camila Hernández Bello, alumnas do Colexio Público Valle Inclán de Perillo falarán sobre "O esqueleto" previamente á charla científica “Verde que te quero verde”, impartida por Mª del Mar Domínguez Pacheco, profesora do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

25/4/11

Hora do conto: do 26 ao 28 de abril

logo Hora do contoAquí tes a programación da hora do conto desta semana. PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 26 de abril
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS: “A ra da boca grande”, “Feliz aniversario, ratiña”, “A vaca que puxo un ovo”, “Coelliño branco”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 27 de abril
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Cantos, contos e outras andrómenas”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 27 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Diapasón”, “Zea”, “¿Quién es?”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 28 de abril
Para nenos-as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “O caracol namorado”, “O sapiño vexetariano”, “A princesa que vocexaba a todas horas”
Para nenos-as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Diapasón”, “Porque te quiero”, “Versos en flor”

Día do Libro na Biblioteca de Nós: "O que le, vístese por dentro"

foto biblioteca de NósPara conmemorar o Día do Libro, na Biblioteca Ánxel Fole de Nós, estáse a realizar a actividade "O que le, vístese por dentro".

Do 19 ao 29 de abril, os rapaces e rapazas que queran participar nesta actividade teñen que recomendar un libro. Para iso, teñen á súa disposición recortes de cartolina con formas de camisetas e saias onde teñen que escribir a recomendación, para despois colgala nun improvisado tendal da biblioteca.

Día do Libro na Biblioteca de Lorbé

foto Biblioteca de Lorbé Para celebrar o Día do Libro (23 de abril), na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé hai una pequena exposición de fondos clásicos da literatura universal, as obras que todos/as debemos ler ao longo da nosa vida. Ata o 6 de maio.

- BRONTË, Emily: Cumbres borrascosas. Madrid: Alba, 1998 (N BRO cum) - CASTELAO, Alfonso R.: Os dous de sempre. Vigo: Galaxia, 1997 (N-G CAS dou)
- DICKENS, Charles: Oliver Twist. Vigo: Galaxia, 2006 (N-G DIC oli)
- DOSTOIEVSKI, Fiódor: Crime e castigo. A Coruña: La Voz de Galicia, 2005 (N-G DOS cri)
- IRVING, Washington: Cuentos de la Alhambra. Madrid: Everest, 1988 (N IRV cue)
- MOLIÈRE: O enfermo imaxinario. A Coruña: La Voz de Galicia, 2005 (T-G MOL enf).
- NERUDA, Pablo: Veinte poemas de amor y una canción desesperada. Barcelona: Lumen, 1982 (P NER vei)
- NOVOKOV, Vladimir: Lolita. Vigo: Fakoría K de libros, 2008 (N-G NAB lol)
- PARDO BAZÁN, Emilia: La tribuna. Madrid: Alianza, 2002 (N PAR tri)
- PASSOS, John dos: Manhattan Transfer. Santiago: Sotelo Blanco, 2005 (N-G PAS man)
- PÉREZ GALDÓS, Benito: Miau. Madrid: Alianza, 1997 (N PER mia)
- Romancero. Madrid: Santillana, 1995 (P ROM rom)
- SHAKESPEARE, W.: Macbeth. Vigo: Galaxia, 1972 (T-G SHA mac)
- STENDHAL: Vermello e negro. A Coruña: La Voz de Galicia, 2005 (N-G STE ver)
- TOLSTÓI, Liev: Guerra y paz. Madrid: Del taller de Mario Muchnik, 2003 (N TOL gue)
- VALLE-INCLÁN, Ramón del: Tirano Banderas. Barcelona: Círculo de Lectores, 1979 (N VAL tir)