13/7/12

Recomendacións en Radioleiros: 13 de xullo

- Infantil (menores de 6 anos):
"A guerra dos números", texto e ilustracións de Juan Darién, editado por OQO. 
Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos a loucura das guerras. Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos e tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.
- Mozos/as e adultos/as:
"El viaje involuntario de un suicida por afición" de Einzlkind, en Siruela.
A Harold gústalle suicidarse. Vive en Londres, ten corenta e nove anos e xoga ao bridge con tres señoras todos os xoves. Unha vida normal até que aparece, Melvin, de once anos, á procura do seu pai. Unha viaxe por Inglaterra e Irlanda acompañado por Harold.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/7/12

Bibliotecas + accesibles = + Bibloleiros

As Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos ser máis accesibles. Para iso, incorporamos os códigos de resposta rápida, os famosos códigos QR a distintos ámbitos das nosas bibliotecas: poderás acceder a través do teu dispositivo móbil, tableta, escáner, cámara de fotos, á nosa web, ao noso blog, aos podcast do noso programa de Recomendacións en Radioleiros, actividades como a Hora do conto, Ler para saber, aos fondos de centros de interese como Espazo Familia, etc. Van sendo cada vez máis frecuentes nas cubertas dos libros que expoñemos nos andeis de novidades para que podas obter máis información sobre os mesmos.                                              Proba con estes dous!!!