9/8/13

Recomendacións en Radioleiros: 9 de agosto

- Infantil (de 10 a 12 anos):

Estás na lúa, de Carmen Montalbán ; ilustracións de Pilar Millán
Editado por Kalandraka

Baraka, unha nena de doce anos que vive no Sáhara, escoita os relatos da súa avoa Baía sobre como era a súa antiga casa a carón do mar. Pero a avoa de Baraka está comezando a perder a memoria …

- Moz@s e Adult@s:

En tiempos de luz menguante, de Eugen Ruge
Editado por Anagrama

Unha familia alemá a través de tres xeracións conforma o tránsito do século XX ao XXI e con iso a desaparición da RDA. Medio século de historia vivida da man deste autor con experiencia no mundo teatral e cinematográfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.