6/3/14

Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz, celebramos no mes de marzo, coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) como o Mes do Movemento para ler libros escritos por mulleres, que facemos extensiva, por suposto, a todo o ano 2014. Asimesmo adherímonos a #ReadWomen2014, da que podedes atopar información nesta páxina de internet.

Como xa sabedes, temos unha sección especial de libros escritos por e para mulleres, pero tamén, unha mostra bibliográfica onde recomendamos libros escritos por mulleres que non podes deixar de ler.

Durante este mes de marzo, desde a Biblioteca Rosalía de Castro aconsellámosvos que só leades libros escritos por mulleres, ou polo menos a maioría, tal e como se recolle no hashtag de twitter #ReadWomen2014.

Cada día a partir do 8 de marzo, dedicaremos unha sección deste blog para falar da biografía e outras referencias de diferentes escritoras, así como das obras escritas por mulleres que iremos recomendando e que se poden atopar no Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Aproveitamos para deixarvos algúns comentarios, que non teñen desperdicio sobre o “mal” hábito que algunhas mulleres colleron a través da historia: o de ler, co cal volvéronse certamente perigosas, tal como recolle Stefan Bollman na súa obra Las mujeres que leen son peligrosas , na que rende unha homenaxe ás mulleres e confirma o poder que confire a lectura.

Consellos do humanista Juan Luis Vives para pais e maridos:
En 1523, o humanista español Juan Luis Vives aconsellaba a pais e maridos que non permitiran que a súas fillas e mulleres leran libremente. «Las mujeres no deben seguir su propio juicio», escribe, «dado que tienen tan POCO».

Motivos do pedagogo Karl G. Bauer para “non” ler, sobre todo ás mulleres,
“La falta total de movimiento corporal durante la lectura, unida a la diversidad tan violenta de ideas y de sensaciones”, según la afirmación hecha en 1791 por el pedagogo Karl G. Bauer, solo conduce a “la somnolencia, la obstrucción, la flatulencia y la oclusión de los intestinos con consecuencias bien conocidas sobre la salud sexual de ambos sexos, especialmente el femenino”.

E por último, no século XX, as lectoras solitarias e soas retratadas por Hooper nos seus cadros, 

“Las lectoras de Hopper no son peligrosas pero están en peligro, no tanto por su imaginación desbordante sino por la depresión. El mal del mundo moderno. Una incurable melancolía flota sobre la lectura y la lectora, como si el alegre caos engendrado por la fiebre lectora hubiera finalmente conducido a una apatía vertiginosa, la misma que expresan las mujeres lectoras de Hopper con esos impresos que hojean sin verdadero interés.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario