20/6/14

Recomendacións en Radioleiros: 20 de xuño

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109460http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=103981- Álbum ilustrado:
"A miña primeira viaxe" de Paloma Sánchez Ibarzábal, ilustracións de Maximiliano di Lauro, editado por OQO.
Unha linguaxe onírica e poética para acompañar a viaxe dun bebé na súa transformación. Magníficas ilustracións de M. di Lauro.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"14" de Jean Echenoz, en Anagrama.
O inicio da Primeira Guerra Mundial visto cos ollos da xente común: un carniceiro, un oficinista, unha nai solteira… todo coa prosa precisa de Echenoz. Unha obra breve e á vez intensa, potente e cunha gran carga de sentimentos. Outro texto de alta calidade do autor de “Correr".
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/6/14

Lembranza das Bibliotecas de Oleiros a María Wonenburger

http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/?p=11920524
O sábado, 14 de xuño, finou a insigne matemática María Wonenburger. Nacera en Montrove (Oleiros) no ano 1927. Amosa desde a infancia unha grande inclinación polos números e as matemáticas polo que no 1945 desprázase a Madrid para realizar a licenciatura nesta materia. Con 26 anos marcha para Estados Unidos cunha beca Fullbright. Abandona país, familia e amizades por unha carreira catalogada (nesa época) coma non feminina. Pertence á primeira promoción de licenciados en Matemáticas, a primeira española en acadar unha beca Fullbrigt, para realizar o doutoramento en matemáticas, nos Estados Unidos. Todo iso en 1953. Unha vez máis vai abrindo camiños, pois grazas á súa dedicación e valentía convértese nunha auténtica pioneira e espello para moitas outras mulleres. 

Exerceu como profesora de matemáticas en universidades de Canadá e de Estados Unidos, onde se relaciona e coñece os máis grandes matemáticos do momento, converténdose nunha referencia internacional en álxebra. 

Dúas profesoras da Universidade da Coruña, Ana Dorotea Tarrío Tobar e Mª José Souto Salorio, van facer visible, para toda Galicia e España,  a figura e o traballo da magnífica científica María Wonenburger. A partir das súas publicacións e divulgacións, chéganlle en vida numerosos recoñecementos. No ano 2012, o Concello de Oleiros, no seu lugar de nacemento, Montrove, vai honrar a súahttp://es.pinterest.com/bibloleiros/mar%C3%ADa-wonenburger-na-lembranza/ persoa cun fermoso parque denominado Parque María Wonenburger Planells. En maio deste ano, a Concellaría de Cultura de Oleiros, a través  do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores de Oleiros inclúen o seu nome no Roteiro Cultural e Literario desta localidade e levan a cabo unha publicación que distribúen entre máis de 300 alumnos e alumnas dos centros de ensino público, na que os textos foron realizados por alumnado de 1º de bacharelato do mencionado instituto, dirixido polas profesoras Rosa García Vilariño, Mercedes Agra Ramírez e Mª Carmen Peñamaría. Con estes actos, o Concello de Oleiros homenaxeou a súa figura e quere conservar a lembranza desta ilustre matemática e excelente persoa.

16/6/14

A expo "23 álbums ilustrados para ti" viaxa á Biblioteca de Mera

  http://www.pinterest.com/bibloleiros/23-%C3%A1lbums-ilustrados-para-ti-na-biblioteca-de-mera/
  http://www.pinterest.com/bibloleiros/23-%C3%A1lbums-ilustrados-para-ti-na-biblioteca-de-mera/"23 álbums ilustrados para ti: exposición dos mellores álbums ilustrados da editorial Juventud" que durante os pasados meses estivo na Biblioteca “María José Ruso” de Dorneda e a Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz trasládase agora á  Biblioteca "Mª José Trincado” de Mera. Podes contemplar esta exposición de libros infantís que destacan polos seus textos e unhas fermosas ilustracións. 
Ao carón de cada libro, (que podes levar en préstamo para casa; consulta a dispoñibilidade clicando nos títulos que ofrecemos a continuación) está exposta a cuberta e un breve comentario sobre o mesmo. Estes son os títulos que conforman a exposición: "Otto, el oso de libro", "El perro y la liebre", "¿Quién es como yo?", "Veo, veo una cosa de color... azul", "Qué leen los animales antes de dormir", "¡No interrumpas, Kika!", "Manualidades ecológicas para niños", "Cola, papel y tijeras", "La señora de los libros", "Cuentos por teléfono", "Tres gallinas y un pavo real", "Adivina en qué país ...", "Los tres cerditos", "Mío, mi pequeño mío", "El gran viaje de Darwin", "El gran libro de las emociones", "Biblioburro", "Un paseo con el señor Gaudí", "¿Cuándo se irán estos?", "Cuenta animales", "Delante de mi casa", "El globo amarillo", "El libro que se sentía solo".