2/1/15

Calendario das Bibliotecas de Oleiros durante o Nadal 2014

http://172.17.2.12:8080/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20626.pdf
Queremos informar aos/ás nosos/as usuarios/as do calendario no que as bibliotecas municipais de Oleiros non abrirán ao público durante o Nadal 2014.
Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo: pechará os días 24, 27 e 31 de decembro e o 3 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz: pechará os días 24 e 31 de decembro.
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros: pechará os días 24 e 31 de decembro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechará desde o 24 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé: pechará os días 24, 26 e 31 de decembro e o 2, 5 e 9 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós: pechará desde o 29 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda: pechará desde o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Federico García Lorca. Montrove: pechará desde o 24 de decembro ata o 8 de xaneiro.
                                                                                                                       Desculpen as molestias.
                                                                                                                                         Felices festas!

Recomendacións en Radioleiros: 2 de xaneiro

Xuvenil (a partir de 12 anos):


María a protagonista celebra o seu cumpreanos e recibe toda clase de agasallos, perfumes, vestidos, un bolso…pero o máis importante chega por parte do seu pai, chámase Kokó e é un escravo negro, de idade e sexo indefinida, curiosamente acompañado dunha fusta, regalo dunha tía da familia, que non é necesario explicar cal vai ser a súa aplicación… lamentablemente a fusta é dun tamaño que non é o ideal para levar no bolso. 

Este é o punto de partida dun libro que reflexiona dun xeito bastante cruento, e máis visto desde a perspectiva cotián dunha nena de doce anos, sobre o tema da escravitude.

- Mozas/os e adultas/os:


Eva é unha nena de case trece anos que vive entre o mundo irreal das visitas dun anxo do que se namora e o mundo real das relacións con seus pais, separados desde fai pouco tempo, coa súa avóa, cun irmán ateo, co mozo que lle gusta, e a maravillosa complicidade coa súa amiga Sol. Toda unha labor de aprendizaxe para unha nena que quere probar novas fórmulas co fin de deixar de selo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.