10/7/15

Recomendacións en Radioleiros: 10 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/38974306/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=27412- Infantil (de 8 a 10 anos):
Furia, de Patxi Zubizarreta e ilustrado por Elena Odriozola
Baía

Carlos, o protagonista é un neno teleadicto, fillo dun famoso xinete e dunha nai un pouco atarefada. A batalla polo mando da televisión convértese na súa principal preocupación, ata tal punto que nunha redacción da escola fala da súa mellor amiga “ a televisión”. Cando seu pai regresa á casa, as televisións deixan de funcionar e Carlos descobre que fóra das paredes da súa habitación hai sorpresas e aventuras tan interesantes que lle farán esquencer a televisión.

- Mozas/os e Adultas/os:

La tabla esmeralda, de Carla Montero
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=100278
Plaza & Janés

Historia que xira en torno á busca do cadro chamado “El astrólogo” de Giorgione. A encargada de búscalo na actualidade será Ana, unha xoven historiadora de arte que traballa no Museo do Pardo, e será o seu mozo Konrad, un alemán coleccionista de arte, o que a vai poñer sobre a pista do cadro. Nesta tarefa axudaralle Alain Arnoux, especialista da Sorbona na busca de obras de arte expoliadas polos nazis. Indagarán na historia familiar dos Bauer, familia francesa e xudea que sufríu o expolio da súa colección de arte. Despois da guerra só sobrevive a filla Sarah.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.