20/5/16

As Letras Galegas nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdfDentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicarán ao Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao ilustre escritor Manuel María e para conseguir os obxectivos de achegar a figura deste excelente autor, dar a coñecer os seus principais poemas, as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, levaranse a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades:


Actividades para público infantil (todas ás 18:30 h.):

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
- 5 maio: Atopando soños por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
- 9 maio: Poemas e contos musicados con Manuel María por Marisa Irimia (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
- 11 maio: Quixera ser...soñador por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
- 12 maio: O carteiro en bicicleta: contos para homenaxear a Manuel María por Caxoto (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
- 13 maio: A chave de abrir o mundo: contos para homenaxear as Letras Galegas por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
- 24 maio: Babacontos con Manuel María a cargo de Larraitz (maiores de 4 anos)
Actividade do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.


Mostras bibliográficas:

Tamén se organizará nas sete bibliotecas municipais a mostra bibliográfica titulada “Ronsel de Manuel María” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, tanto da súa produción literaria como da súa biografía, así como marcapáxinas conmemorativo, murais e encrucillados.

En tres bibliotecas (Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda) poderase ver a exposición de imaxes, fotografías e portadas de diferentes libros da súa autoría titulada “A esencia máis nosa: Manuel María e a súa obra en imaxes”.


Actividades para o alumnado dos Centros de Ensino Público: conferencias, concertos e recitais

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (Teatro As Torres)
- 24 maio ás 10:50 h.: Conferencia divulgativa sobre a biografía e obra de Manuel María, a cargo da escritora e profesora Mercedes Queixas. Dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.

- 6 e 13 maio ás 12:45 h.: Teatro de guiñol: concerto de Pirilampo musicando poemas de Manuel María. Dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria.

- 18 de maio ás 10:15 h. e 11:30 h.; 25 maio ás 10:30 h. e 11:45 h.: Manuel María: o vento na palabra na voz da actriz Soledad Felloza. Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María. Dirixidos a alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º  de ensinanza primaria.






http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23927.pdf

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23925.pdf


No hay comentarios:

Publicar un comentario