10/11/16

As Bibliotecas Municipais de Oleiros, premiadas un ano máis na Campaña de animación á lectura María Moliner

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/cultura/202093/ficha/202093-2016/Anexo-I.pdf
O proxecto de promoción da lectura titulado “De libros e ilusións” foi un dos seleccionados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a FEMP na Campaña de animación á lectura María Moliner dirixida a bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. 

Neste proxecto descríbense as actividades de fomento da lectura realizadas ao longo deste ano nas bibliotecas oleirenses. Para esta escolla tívose en conta a claridade e o interese do proxecto, a boa planificación, a viabilidade, a orixinalidade, así como a eficiencia no traballo bibliotecario, a integración social na comunidade e a inmersión nas novas tecnoloxías. 

De todo o Estado Español presentáronse 605 proxectos, dos que foron seleccionados os 300 mellores, nos que hai 22 de bibliotecas de Galicia e entre elas, un ano máis, está o noso. O premio será un lote de 150 libros infantís e xuvenís.


No hay comentarios:

Publicar un comentario