3/5/17

Conmemoración Letras Galegas 2017: Carlos Casares

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26029.pdf
Programa de Bibloleiros adicado ao Día das Letras Galegas 2017, protagonizado este ano por un dos grandes escritores galegos do século XX: Carlos Casares.

- Conferencias sobre Carlos Casares
Conferencias a cargo do escritor e profesor da USC, Henrique Monteagudo, dirixida a alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato.
O día 2 de maio no Teatro As Torres de Santa Cruz: unha ás 10:30 h. e a outra ás 11:40 h.

- Deus sentado nun sillón azul e outras novelas de Casares
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
O 4 de maio, ás 10:20 h. e ás 11:35 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, para alumnado de ESO e bacharelato do IES Neira Vilas e do IES Miraflores.
Escolma de textos de "Ilustrísima", "Os escuros soños de Clío" e "Deus sentado nun sillón azul". Un percorrido polas novelas do escritor, para coñecer algúns dos textos máis salientables da súa obra.

- Clío: a musa excéntrica, baseada na obra de Casares "Os escuros soños de Clío"
A cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
O 24 de maio, ás 10:30 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz),  para alumnado do IES Miraflores. Unha noite de inverno... chuvia, frío,  vento, neve.... historias diante dunha lareira.... Quen narra as historias é a mesma Clío, a musa excéntrica e irónica da historia.

- O galo de Antioquía: contacontos baseado na obra homónima de Carlos Casares
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
O 26 de maio, ás 10:20 h., na Biblioteca Central Rialeda, dirixida a alumnado do CEIP Juana de Vega (Nós). Un conto cun humor que raia o absurdo nesta fantástica e divertida historia dun home que un día pon un ovo, outro día médranlle plumas e finalmente... convértese en galo.

- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
Os días 18, 19, 22, 23 e 25 de maio polas mañás, nas bibliotecas municipais de Perillo, Santa Cruz e de Oleiros. Dirixidos a alumnado de primaria dos colexios Valle Inclán (Perillo), Isidro Parga Pondal (Santa Cruz), Juana de Vega (Nós) e Rabadeira (Oleiros). Contacontos baseado na súa obra  “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” que é unha historia ambientada na horta dunha casa na que destaca un limoeiro con cinco enormes laranxas, as laranxas máis grandes do mundo.

- Cacaracá: contacontos baseado na obra "A galiña azul"
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
Os días 10, 11, 12, 18, 19, 22, 23 e 24 de maio polas mañás nas bibliotecas Rialeda e Rosalía de Castro. Dirixidos a alumnado de primaria dos colexios Valle Inclán (Perillo), Isidro Parga Pondal (Santa Cruz), Luís Seoane (Mera) e Juana de Vega (Nós).
 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26029.pdf

- Actividades infantís fóra do horario escolar sobre a obra de Carlos Casares:
Ás 18:30 horas
BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
10 maio, Galiñas azuis e laranxas laranxas por Paula Carballeira.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
15 maio, Contos miudiños con Carlos Casares por Marisa Irimia.

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
16 maio, Contos a esgalla! por Ramiro Neira.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA (PERILLO)
18 maio, Contos de laranxas azuis por Paula Carballeira.

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO (LORBÉ)
18 maio, De illas e tesouros Galicia está chea por Soledad Felloza.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO (MERA)
19 maio, Non é ningún conto! por Ramiro Neira.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. (NÓS)
19 maio, O carteiro en bicicleta por Caxoto.
   
- Mostras bibliográficas e outras actividades:
Nas sete bibliotecas municipais poderase contemplar a expo bibliográfica titulada “Ronsel de Carlos Casares” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, da súa produción literaria, da súa biografía, marcapáxinas conmemorativo, murais, encrucillados...

No hay comentarios:

Publicar un comentario