15/12/17

Recomendacións en Radioleiros: 15 decembro 2017

https://youtu.be/vhJbzDWzny0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1241410- Infantil - xuvenil (cómic):
"Astrid Bromuro: cómo aniquilar al Ratoncito Pérez" de Fabrice Parme. En Dib-buks.
Astrid Bromuro é unha rapaza de boa familia que vive nun palacete na cima dun rañaceos dunha gran cidade. Está convencida de que o Rato Pérez non existe e como está a piques de perder un dente de leite proponse demostrar a falsidade da lenda tendéndolle unha trampa, pero obviamente nada sairá como o tiña planeado.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=sapos+e+sereas&idx=au%2Cwrdl&q=cabaleiro&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda 
- Mozas-os e adultas-os:
"Sapos e Sereas" de Ana Cabaleiro. Editado por Galaxia.
Sapos e Sereas é unha colección de catro relatos e un epílogo. A autora parte de personaxes dos contos máis tradicionais de fantasía infantil, como o Lobo Feroz, a Sereíña ou os Reis Magos, para construír un mundo real, máis cru, no que aparece a violencia e os conflitos
do día a día.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario