6/5/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 10 a 12 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdfTodas as actividades se celebran ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 10 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Galiñas azuis e laranxas laranxas” Conmemoración do Día das Letras Galegas

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 11 de maio
Obradoiro para a inclusión social dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)

MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
ACTIVIDADE: “Obradoiro de caligrafía chinesa”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 12 de maio
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza no 981 66 42 507)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “A merenda!”

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros http://bibliotecasoleiros.blogspot.com e en twitter @bibloleiros

5/5/17

Recomendacións en Radioleiros: 5 maio 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/05052017-recomendacionsenradioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1177548&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20jan%20estivo%20al%C3%AD- Infantil (8-10 anos):
"Jan estivo alí" texto de Xosé A. Neira Cruz e ilustracións de David Soler.
O flamenco Jan Van Eyck pintou arredor do 1434 un cadro titulado “O matriminio Arnolfini”, probablemente por encargo da propia parella, uns burgueses acomodados de Bruxas. Da man do fillo do pintor, facemos unha viaxe por este traballo pictórico que aínda hoxe é motivo de debate para os críticos.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"Hemingway en Galicia" de Carlos Casares.
Da man de Casares coñecemos as visitas de Hemingway nos anos vinte e trinta a Coruña, Betanzos, Santiago e Vigo entre outros lugares. Un viaxeiro curioso con moitísima inquedanza por aprender e coñecer novas xentes e formas de vida, todo narrado coa
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1140698calidade expositiva de Carlos Casares.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 8 a 12 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 8 a 12 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Martes 9 de maio:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 2º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán
- 2ª sesión: 10:20 h. - 2º C de EP do CEIP Valle-Inclán
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 9 de maio:
- 10:10 h. - 3º D de ESO do IES María Casares (Santa Cruz)
"Taller de banda deseñada", con Manel Cráneo.

Mércores 10 de maio:
- 10:10 h. - 3 anos A e B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Xoves 11 de maio:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 3º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 12:10 h. - 4º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Venres 12 de maio:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 4 anos A e B do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 12:10 h. - 3 anos A e B do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Cacaracá: contacontos baseado n'A galiña azul de Carlos Casares", a cargo de Soledad Felloza.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Mércores 10 de maio:
- 1ª sesión: 10:40 h. - 5 anos A e B do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 5 anos C do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos de Lonxedetodo", a cargo de Trinke Trinke.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

3/5/17

Conmemoración Letras Galegas 2017: Carlos Casares

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26029.pdf
Programa de Bibloleiros adicado ao Día das Letras Galegas 2017, protagonizado este ano por un dos grandes escritores galegos do século XX: Carlos Casares.

- Conferencias sobre Carlos Casares
Conferencias a cargo do escritor e profesor da USC, Henrique Monteagudo, dirixida a alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato.
O día 2 de maio no Teatro As Torres de Santa Cruz: unha ás 10:30 h. e a outra ás 11:40 h.

- Deus sentado nun sillón azul e outras novelas de Casares
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
O 4 de maio, ás 10:20 h. e ás 11:35 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, para alumnado de ESO e bacharelato do IES Neira Vilas e do IES Miraflores.
Escolma de textos de "Ilustrísima", "Os escuros soños de Clío" e "Deus sentado nun sillón azul". Un percorrido polas novelas do escritor, para coñecer algúns dos textos máis salientables da súa obra.

- Clío: a musa excéntrica, baseada na obra de Casares "Os escuros soños de Clío"
A cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
O 24 de maio, ás 10:30 h., na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz),  para alumnado do IES Miraflores. Unha noite de inverno... chuvia, frío,  vento, neve.... historias diante dunha lareira.... Quen narra as historias é a mesma Clío, a musa excéntrica e irónica da historia.

- O galo de Antioquía: contacontos baseado na obra homónima de Carlos Casares
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
O 26 de maio, ás 10:20 h., na Biblioteca Central Rialeda, dirixida a alumnado do CEIP Juana de Vega (Nós). Un conto cun humor que raia o absurdo nesta fantástica e divertida historia dun home que un día pon un ovo, outro día médranlle plumas e finalmente... convértese en galo.

- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
Os días 18, 19, 22, 23 e 25 de maio polas mañás, nas bibliotecas municipais de Perillo, Santa Cruz e de Oleiros. Dirixidos a alumnado de primaria dos colexios Valle Inclán (Perillo), Isidro Parga Pondal (Santa Cruz), Juana de Vega (Nós) e Rabadeira (Oleiros). Contacontos baseado na súa obra  “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” que é unha historia ambientada na horta dunha casa na que destaca un limoeiro con cinco enormes laranxas, as laranxas máis grandes do mundo.

- Cacaracá: contacontos baseado na obra "A galiña azul"
A cargo da actriz e contadora de contos Soledad Felloza.
Os días 10, 11, 12, 18, 19, 22, 23 e 24 de maio polas mañás nas bibliotecas Rialeda e Rosalía de Castro. Dirixidos a alumnado de primaria dos colexios Valle Inclán (Perillo), Isidro Parga Pondal (Santa Cruz), Luís Seoane (Mera) e Juana de Vega (Nós).
 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26029.pdf

- Actividades infantís fóra do horario escolar sobre a obra de Carlos Casares:
Ás 18:30 horas
BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
10 maio, Galiñas azuis e laranxas laranxas por Paula Carballeira.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
15 maio, Contos miudiños con Carlos Casares por Marisa Irimia.

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
16 maio, Contos a esgalla! por Ramiro Neira.

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA (PERILLO)
18 maio, Contos de laranxas azuis por Paula Carballeira.

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO (LORBÉ)
18 maio, De illas e tesouros Galicia está chea por Soledad Felloza.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO (MERA)
19 maio, Non é ningún conto! por Ramiro Neira.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. (NÓS)
19 maio, O carteiro en bicicleta por Caxoto.
   
- Mostras bibliográficas e outras actividades:
Nas sete bibliotecas municipais poderase contemplar a expo bibliográfica titulada “Ronsel de Carlos Casares” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, da súa produción literaria, da súa biografía, marcapáxinas conmemorativo, murais, encrucillados...