20/1/18

55 sesións de actividades infantís entre febreiro e maio!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdfEntre o 2 de febreiro e o 24 de maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 55 sesións de diversas actividades infantís dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 12 anos. Entre estas podemos destacar os contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, a hora do conto para público infantil de 4 a 8 anos e diferentes obradoiros de cómic, de ciencia, de maxia, de encadernación (Scrapbooking), de traballos manuais, etc. dirixidos a maiores de 6 anos. Continuaremos cos obradoiros para a inclusión social. Por segundo ano consecutivo, levaranse a cabo na Biblioteca Central Rialeda coa Asociación Participa para la Inclusión Social. Tres obradoiros para a inclusión social cos obxectivos de informar e sensibilizar sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con diversidade funcional, e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa; xerar actitudes e comportamentos pro-sociais en favor da normalización social das persoas con diversidade funcional; crear axentes activos de cambio social a través da participación conxunta en actividades e talleres sobre diferentes temáticas e sensibilizar á poboación en xeral das posibilidades e capacidades de todas as persoas e da necesidade de proporcionar as mesmas oportunidades. Levaranse a cabo:
- Un taller para nen@s con discapacidade intelectual e nen@s sen afectación.
- Un taller para nen@s en situación de risco social e nen@s sen afectación.
- Un taller para nen@s con autismo e/ou síndrome de Asperger e nen@s sen afectación.

Nos contacontos para nen@s de 1 a 3 anos mestúranse contos, cancións e xogos, para facer unha actividade máis dinámica e que enganche mellor aos máis pequen@s.

A Hora do conto é unha actividade que se desenvolve ano tras ano como consecuencia do seu recoñecido valor lúdico e educativo, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura das-dos máis pequenas-os. Realizase a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e  a creatividade.

Para todas as actividades é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha delas, http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdfisto pode facerse, desde dez días antes do seu inicio, chamando por teléfono ou achegándose persoalmente á biblioteca correspondente.

Participarán Soledad Felloza, Elefante Elegante, Pablísimo, Sonia Ojea, Gemola, Manel Cráneo, Pavís Pavós, Pedras: artesanía e patrimonio, Chrystyan Magic, Paco Nogueiras, OQO, Caxoto, Ciencia en ruta, Marisa Irimia, Charo Pita, Ramiro Neira, Chus Álvarez, Fátima Fernández, Ana Carreira, Paula Carballeira, a compañía Trinke Trinke Teatro e a Asociación Participa para la Inclusión Social.

Tomando como punto de partida a narración de contos e historias, a relación pracenteira cos libros, o xogo cos  personaxes de ficción, resáltase o valor da palabra xunto coa articulación de diferentes disciplinas artísticas tendo en conta que en todas as historias aparece un mundo de imaxes, un mundo sonoro e un mundo de xestos e accións. Para as nenas e os nenos pequenas-os a palabra oída exerce unha gran fascinación. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa e fomentando a súa creatividade. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenas e nenos vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario