9/2/18

Recomendacións en Radioleiros: 9 febreiro 2018

https://youtu.be/Mu0JRq9CfP8https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1233442- Infantil (6 a 8 anos):
"As pescadoras", adaptación de Xosé Ballesteros; ilustracións de Nadia Menotti. En Kalandraka.
Partindo dun conto tradicional da India esta historia tráenos situacións que valoran o esforzo, a solidariedade e a capacidade creativa para solventar problemas. Magnífica proposta plástica de Nadia Menotti con madeira, cartón e téxtil como corresponde á traxectoria de Kalandraka.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Los informantes" de Juan Gabriel Vásquez. Editado por Alfaguara.
Unha narración que mestura a historia de Colombia e a de Alemaña no século XX coa memoria individual
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1232697 e colectiva como gran protagonista da man dun escritor nado en Bogotá e que vivíu un terzo da súa vida en Europa. Unha análise da orixe da violencia no país latinoamericano por parte dun dos escritores máis interesantes dos últimos anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario