27/4/18

Hora do conto e actividades infantís: 2 a 4 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 2 de maio
,
ás 17:30      
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
MONITOR: Chrysytyan Magic
ACTIVIDADE: “Obradoiro de maxia”  

 

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 3 de maio
,
ás 18:30         
Para nenas-os de 1 a 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 

CONTACONTOS: Chus Álvarez
TÍTULO: “Zeta”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 3 de maio,
ás 18:30     Expo Libros para soñar (Ed. Kalandraka)  
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Contos para soñar”


Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)  
Venres 4 de maio, ás 18:30       
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Quiquiriquí, cocorocó”

Recomendacións en Radioleiros: 27 abril 2018

https://youtu.be/QtrDEQq-HMk
- Infantil (menores de 7 anos):

Fermoso álbum ilustrado cun texto en letras grandes acompañadas de coloridas e magníficas ilustracións que presentan as cores ás nenas e nenos máis pequenos.

As distintas cores poden indicar diversas cousas. A tranquilidade do azul e a súa lembranza co mar. O perigo que pode significar o vermello, ao mesmo tempo que podemos pensar nas papoulas ou nunha xoaniña. A felicidade do amarelo xunto co recordo dun sol dourado cheo de millo ou de chorimas...

Pero, a nena protagonista, cando colle o branco, estráñase e pregúntalle a súa nai, por que o branco non pinta?


Segundo a editorial este libro é unha aproximación desde a literatura infantil ao branco e ao seu valor conceptual, como unha oportunidade para reflexionar sobre as preguntas da infancia.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1420346"A voz insurrecta: Mª Victoria Moreno, entre a literatura e a vida", de Montse Pena Presas
Galaxia

María Victoria Moreno é a autora á quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) pero asumiu, falou e escribiu en galego como lingua propia, xunto cunha constante entrega nas aulas e un compromiso coa incipiente literatura infantil e xuvenil galega.

Profesora apaixonada que apostou polo galego nunha época moi difícil. Ela dirá “o meu corazón florece nas aulas”. Unha docente namorada da súa profesión, moi motivada e esperanzada en que “o mundo pode cambiarse”.

Non era unha nena lectora, pero cambia a raíz dos anos en que estuda o bacharelato, principalmente despois de ler “O principiño” de Saint-Exupery, un texto que xa lera en francés (unha lingua que dominou moi axiña) e do que comentaba que non coñecía mellor tratado de amor que o capítulo XXI dese libro no que aparece o inseparable raposo do principiño, onde nos mostra a importante compañía que dan os animais.

Escritora singular que tivo recoñecementos literarios escribindo en tres linguas: francés, castelán e galego. Xa de maior confesará que comezou a escribir xusto cando se atopou cara a cara coa vida e coa súa dureza, unha dureza que podía combater ideando outros mundos posibles.


Con esta obra coñecemos mellor a esta ilustre autora, que foi profesora, escritora, tradutora, conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais e nela preséntase o seu roteiro vital e literario, destacando a súa capacidade para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 2 a 4 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 2 a 4 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Xoves 3 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Infantil do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"A festa no faiado" con Soledad Felloza. 
Venres 4 de maio: 
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Normas" con Ramiro Neira. 


Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Mércores 2 de maio:
- 10:35: Alumnas-os de 1º de Bacharelato
do IES María Casares (Santa Cruz).
"Las ingeniosas del hidalgo" con Soledad Felloza.  
Xoves 3 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.
Venres 4 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera). 

"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.

No Auditorio A Fábrica (Perillo) 
Venres 4 de maio:
- 20:30: Público en xeral a partir de 12 anos.
Obra teatral "Anagnórise", a cargo de Limiar Teatro

26/4/18

"Libros para sermos libros" en Bibloleiros

https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648
Para conmemorar o Día Mundial do Libro, a Deputación da Coruña organizou unha campaña titulada Libros para sermos libres na que se repartiron 200 libros ofrecidos por esta institución aos que se sumaron outros 200 que regalaron as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros

En total agasalláronse sobre 400 libros. 

Eis algunhas instantáneas da campaña provincial!!!
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648